Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz métese nas semifinais de Wimbledon pola vía rápida

Carlos Alcaraz métese nas semifinais de Wimbledon pola vía rápida

O murciano derrotou a Cameron Norrie (6-2, 6-3 e 6-3) nunha hora e 39 minutos

Nas semifinais xogará contra o Estadounidense Taylor Fritz

Foto: EFE
G24.gal 08/07/2025 20:53

Carlos Alcaraz xa está nas semifinais de Wombledon, logo de derrotar esta tarde o británico Cameron Norrie, número 61 do mundo.

O murciano perdeu o primeiro xogo do partido, pero axiña se demostrou que foi un accidente. Colleu as rendas do encontro, cumpriu cos prognósticos e despachou o partido pola vía rápida, en tres sets. 6-2, 6-3 e 6-3. Só precisou unha hora e 39 minutos para meterse na semifinal.

Na penúltima rolda do torneo agarda o estadounidense Taylor Fritz, cabeza de serie número cinco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar