Publicador de contidos

Publicador de contidos

O C. D. Lugo anuncia a Alberto Ulloa

O C. D. Lugo anuncia a Alberto Ulloa

Primeiro reforzo da nova etapa de Ronald Baroni para a tempada 2026/2027 

G24.gal 11/06/2026 11:36 Última actualización 11/06/2026 12:12

O novo xogador de 22 anos chega ao Anxo Carro en calidade de cedido para a campaña 2026/2027, converténdose na primeira incorporación da nova etapa de Ronald Baroni. Ulloa aterra na provincia galega procedente dun Teneife ascendido a Segunda División e despois dun curso no que alternou presenza tanto no filial como no primeiro equipo. No conxunto branquiazul disputou un total de 13 partidos e marcou dous goles

Trátase dun centrocampista de envergadura pola súa altura (190 cm) e que ten moito recorrido e marxe de mellora e crecemento. Foi formado en canteiras de equipos como o Betis, Valladolid e o Granada.

A chegada do centrocampista andaluz abreu a senda das incorporacións, que xa conta co técnico ourensán Borja Fernández que apunta a liderar o proxecto da próxima tempada e devolver o Lugo a Segunda División.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos