Pablo Meixús: "Estamos convencidos de que o ascenso vai caer do noso lado"
O capitán do Celta Fortuna destaca a ilusión dun vestiario sen presión e o apoio do celtismo en Balaídos
Na fase de liga os partidos saen cun saldo a favor do Celta Fortuna (1V 1E)
Pablo Meixús, o capitán do Celta Fortuna, falou na previa do partido de ida da final do playoff. Sinalou a confianza e o grupo como as claves de toda a tempada e que nunca existiu unha presión explícita dende o club para o ascenso, por iso manter esa dinámica pode xogar a favor nun momento decisivo:
"Presión no tivemos durante todo o ano. Agora está aí, é un pasiño máis. O que máis temos é ilusión".
O defensa de 23 anos avisou da dificultade do encontro e do adversario. Afirmaba que trátase dun equipo veterán que "sabe ao que xoga" é que leverán ó partido ó seu terreo. Tamén remarcou a súa mellor baza, a solidez defensiva:
"Na segunda volta ensinaron o equipo que son e é moi díficl facerlles gol".
O equipo agradeceu a mobilización de toda a afección celtista e cree que haberá un ambente especial.
"O celtismo estase movendo e creo que iso nos vai dar moitísimo. A próxima semana será moito mellor".
Meixús repartiu mérito entre o corpo técnico, os empleados do club e a todos os integrantes do proxecto.
"O grupo que temos é a clave deste equipo e creo que o grupo merece un ascenso". "Este equipo compite como no había visto competir. Ten unha alma de crer ata o final".