Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Especies varadas': unha obra artística para sensibilizar no coidado da natureza

'Especies varadas': unha obra artística para sensibilizar no coidado da natureza

O artista vilagarcián Sergio Ordóñez exhibe nunha mostra reivindicativa unha vintena de pezas creadas a partir de lixo tirado ao río e ao mar

Imaxe de parte dunha peza exhibida na sala Garabato de Carballo dentro da mostra que logo viaxará a Pontevedra e a Vilagarcía
G24.gal 09/07/2025 14:08

O lixo que trae o mar ao areal ou o que recolle da auga é o elemento en que o vilagarcían Sergio Ordóñez basea a produción artística que estes días presenta en Carballo.

"Sempre fixen arte, pero empecei a facer paseos cos cans e a recoller madeiras, plásticos e cerámicas e xogar coas cores e coas formas e facer peixes, faros, ... e gustoume un pouco e empezo a ser un pouco reivindicativo tamén, e unha cousa levou a outra e acabou formándose unha obra", explica Ordóñez.

A súa obra comparte figuración e abstración, dando lugar a moi distintas interpretacións como faros compostos de madeira e cerámica reciclada.

"A imaxinacion ten o papel protagonista, e hai quen aquí ve faros e outros ven persoas. Logo, a madeira que eu vernizo e pinto xogando con cores e formas para unha peza única con restos que recollo no río Sieira, na Lanzada, a praia Compostela, co que tes aquí un anaco de cada praia".

Así valoran esta arte transformadora de materiais dúas das persoas que esta mércores visitaban a mostra na sala Garabato.

"Transmiten unha mensaxe de concienciación social e con valor para Galicia no que é limpeza de praias e no plano artístico e cultural" di un visitante.

"É vangardista, bastante da nosa terra, que representan moi ben Galicia e o noso mar. E que son materiais reciclados. Paréceme bastante interesante", destaca outra.

 A mostra Especies varadas irá logo a Pontevedra e despois, a Vilagarcía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade