Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña recibe 'Wonderland', de Annie Leibovitz, da man de Marta Ortega

A Coruña recibe 'Wonderland', de Annie Leibovitz, da man de Marta Ortega

Marta Ortega, acompañada do seu marido Carlos Torretta, foi a encargada de recibir aos invitados 

A exposición estará aberta ao público desde o vindeiro sábado, día 22, ata o 1 de maio de 2026

A presidenta do grupo Inditex, Marta Ortega, na saída do Centro MOP do peirao de Batería da Coruña tras a visita á exposición 'Wonderland' (EFE) A presidenta do grupo Inditex, Marta Ortega, na saída do Centro MOP do peirao de Batería da Coruña tras a visita á exposición 'Wonderland' (EFE)
G24.gal 19/11/2025 14:38

A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) inaugurou este mércores, día 19, na Coruña a exposición 'Annie Leibovitz. Wonderland', a primeira gran retrospectiva en España da obra desta fotógrafa e retratista. Foi nun acto de carácter privado e exclusivo para autoridades.

A presidenta de Inditex e da Fundación MOP, Marta Ortega, chegou acompañada do seu marido, Carlos Torretta, e foi a encargada de recibir aos invitados a esta cita na que tamén participou a propia artista.

Así, autoridades políticas e representantes da vida empresarial, social e cultural galega visitaron en primicia esta mostra no espazo da Fundación, no peirao de batería da cidade herculina.

Entre os asistentes atopábanse o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o subdelegado na Coruña, Julio Abalde; o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; así como o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao; ou o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado.

A exposición, que estará aberta ao público desde o vindeiro sábado, día 22, ata o 1 de maio de 2026, mostra "en toda a súa amplitude o cegador universo fotográfico de Leibovitz", segundo trasladou a organización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade