Publicador de contidos

Publicador de contidos

María Tomé dálle nova vida a todos os obxectos da contorna

María Tomé dálle nova vida a todos os obxectos da contorna

A artista plástica, residente no rural de Chantada, consegue que cadeiras vellas, bastidores ou paus da cerna recobren un valor

G24.gal 02/11/2025 21:32 Última actualización 02/11/2025 22:18

María Tomé vive na zona máis rural de Chantada, un espazo dende o que tamén se pode reinventar e darlle nova vida aos obxectos, por iso recicla cadeiras vellas pintándoas e converténdoas en obras únicas, divertidas e cheas de cor, cadeiras que se volveron novas; é a arte nun soporte diferente.

E o mesmo fai cos garabullos que quedan das cernas, paus que viste de personaxes segundo o esixa a ocasión, que ben pode ser cos traxes tradicionais galegos ou ben vestidos de negro e solemnidade nunha procesión capitaneada por un pau ataviado cunha sotana, coma un crego, de camiño á igrexa, formando un conxunto completo, tenro e lúdico co que decorar, tamén, os camiños e as corredoiras do lugar.

Outro soporte que emprega María Tomé para expoñer as súas ideas son os bastidores de costura, que fan as veces de cadros. Neles retrata mulleres  tamén cheas de cores e liñas sinxelas que cobren o tecido de ledicia.

María aposta pola aldea, e cre que este é un espazo tan ideal como calquera outro dende o que facer arte, e que este pode ser un camiño completamente válido para implicarse e comprometerse co rural e contribuír así para evitar o seu despoboamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade