Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo asina unha permanencia gris despois de perder co Amorebieta (1-0)

O Lugo asina unha permanencia gris despois de perder co Amorebieta (1-0)

O resto de resultados fóronlle favorables e salvaron ao equipo lugués

G24.gal 24/05/2025 21:13

O Lugo culminou unha temporada gris cunha resolución á altura do campionato. Perdeu no campo do Amorebieta (1-0) xa descendido cando precisaba gañar. Pero o resto de rivais tampouco fixeron o seu traballo e favoreceron os intereses dun Lugo que precisa esquecer canto antes esta tempada. 

Dominou desde o principio ata o final o partido contra o pechacancelas da categoría -que rematou o campionato con tres vitorias diante de equipos galegos- pero non atopou o xeito de perforar a porta contraria. O Amorebieta aproveitou unha das dúas ocasións que tivo en todo o encontro. Marcou no 19 Álvaro Marín. 

De aí ata o final, un querer e non poder do cadro dirixido por Álex Ortiz, nervioso ata que o colexiado asubiou o final do partido e souberon polos seus compañeiros do banco que a permanencia era un feito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar