Publicador de contidos

Publicador de contidos

Saqués confirma que a venda do Lugo está encamiñada e que desexa deixar a presidencia

Saqués confirma que a venda do Lugo está encamiñada e que desexa deixar a presidencia

Na Xunta de Accionistas do club aprobouse a devolución dun préstamo á empresa Frisaqués por valor de 1.270.000 euros, cos que se fixo fronte aos pagamentos desta campaña

G24.gal 27/05/2025 20:37

O Club Deportivo Lugo celebrou a Xunta de Accionistas da temporada 2024-25. O aínda presidente Tino Saqués confirmou as dificultades económicas da entidade esta temporada, e a súa empresa Frisaqués tivo que realizar préstamos ao longo de todo o ano para cubrir as necesidades. En total a cantidade ascende a 1.270.000 euros. Na Xunta recoñeceuse o préstamo e quedaron establecidos os prazos de devolución por parte do club. Haberá seis meses de carencia para xerar ingresos e logo dous anos e medio para pagar a cantidade adiantada. 

Non era punto da orde do día, pero había moito interese en saber como está a venda do club á empresa NWB Sport, con Ronald Baroni como cabeza visible. A permanencia na Primeira Federación facilitaría a operación. Saqués confirmou que non está feita pero si encamiñada. Falando de prazos, limitouse a contestar: "Curto prazo". 

Fai dez anos da chegada de Tino Saqués á presidencia do Lugo e semella que as súas horas á fronte da entidade están contadas. Á pregunta de Televisión de Galicia recoñeceu que desexa marchar do club e dará todas as explicacións e falará dos seus sentimentos desde que estean asinados os papeis do traspaso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar