Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro empata coa Real Sociedade B (1-1) e terá que confrimar a permanencia na última xornada

O Arenteiro empata coa Real Sociedade B (1-1) e terá que confrimar a permanencia na última xornada

So condenaría aos ourensáns unha derrota en Tarragona e a vitoria dos catro equipos que o seguen na táboa

Foto: @RealSociedad
G24.gal 17/05/2025 22:38

Ao Arenteiro estálle costando máis da conta certificar a permanencia na Primeira Federación. Nesta penúltima xornada precisaba un triunfo, pero empatou no Espiñedo diante do filial da Real Sociedade e adiou esa salvación matemática para a última xornada. Será en Tarragona, diante dun Nástic que xa non xoga absolutamente nada. Abóndalle un empate ou, aínda que perda, deberían gañar os catro equipos que ten por detrás para condenalo ao descenso. Polo tanto, os de Raúl Jardiel acadaron xa a permanencia de xeito virtual.

O Espiñedo agardaba un triunfo para acabar cunha serie de dous encontros sen gañar e, sobre todo, para mellorar unha bagaxe de so unha vitoria nas últimas doce xornadas. Pero, desta volta, tampouco puido festexar. Os donostiarras, en postos de promoción de ascenso, adiantáronse no minuto 57 cun tanto de Rodri.

Por sorte para os de Jardiel, Baselga mantén o seu olfato goleador. So catro minutos despois, establecía o 1-1 que xa sería definitivo. O Arenteiro apraza a permanencia, pero te todas as cartas na man para seguir, un ano máis, na Primeira RFEF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade