Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ignacio Rivera agradece o traballo de Mouriz: "Queremos outro estilo"

Ignacio Rivera agradece o traballo de Mouriz: "Queremos outro estilo"

O propietario do Rácing confesa que o adestrador está máis pechado que o novo director deportivo

Pablo López é o gran candidato para estar no banco e Cris Valiño tería moitas papeletas para ser a nova directora xeral

G24.gal 02/06/2025 22:35

O día da despedida de Carlos Mouriz quixo saír falar o propietario do Rácing, Ignacio Rivera. Quixo agradecer o traballo de Mouriz os últimos sete anos, do que confesa que "aprendeu del todo o que sabe de fútbol". 

Rivera quere abrir unha nova etapa no Rácing, con xente nova. O club terá unha dirección xeral e outra dirección deportiva, cargos que antes asumía Carlos Mouriz. Cris Valiño, que foi man dereita de Mouriz, podería ocupar a dirección xeral e o ex do Arenteiro Álex Vázquez é un dos mellor posicionados para ocupar o posto de director deportivo. De todos os xeitos Rivera non quixo dar ningunha pista.

Confesou que o adestrador está máis adiantado que o director deportivo. Pablo López, que tan exitosa campaña fixo no Ourense Club de Fútbol, podería ser a aposta do Rácing e a vindeira semana sería anunciado. 

Rivera tamén amosou o seu desencanto polo descenso do Rácing e algúns comentarios que criticaron a sociedade: "Doe moito que alguén diga que vimos a especular ou gañar diñeiro. Vimos a un proxecto de impacto positivo en Ferrol e non estamos de broma", asegurou Ignacio Rivera. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade