Doce derrota do Arenteiro que seguirá por terceiro ano seguido na 1ª RFEF
Perdeu por 2-0 diante do Nástic de Luís César nun partido discreto
Cun empate estaba salvado o equipo do Carballiño, pero o resto de resultados dos rivais permitíronlle vivir con tranquilidade a última xornada malia a derrota
O Arenteiro suma e segue na Primeira Federación. Xogará na terceira categoría do fútbol español por terceira campaña consecutiva. Precisaba un empate no campo do Nástic de Tarragona para non ter que mirar a outros campos, pero a secuencia de marcadores dos seus rivais déronlle moita tranquilidade aos do Carballiño. En ningún momento estivo en perigo de descenso polos erros de Sestao, Real Unión, Lugo ou Osasuna.
O encontro tivo o dominio do Nástic que xerou moitas ocasións diante dun Diego García que estivo moi atinado. No 39 anotou Álex Jiménez (1-0) e no 85 sentenciou Pablo Fernández. Resultado xusto que rematou con celebración do Arenteiro, unha das vilas máis pequenas da categoría.