Novas
Contido con Xeográficas .
A Coruña
O acusado do crime machista do Birloque alega que tomara alcol, pastillas e fentanilo
15/10/2024 16:49
Recoñeceu que acabou coa vida da que era a súa parella, nun día no que tiña a intención de quitarse a súa propia
A Fiscalía e a acusación piden 25 anos de prisión por asasinato e unha indemnización de 80.000 euros para os dous fillos
Arranca o xuízo polo crime de Samuel Luiz coa constitución do xurado popular
15/10/2024 14:32
Os cinco acusados enfróntanse a penas de entre 22 e 27 anos de cadea
As defensas pedirán a libre absolución, mentres que as acusacións reclaman asasinato con agravante de discriminación por orientación sexual
15/10/2024 11:47
Tratábase de probar É-Alert, un sistema de alerta masiva da Xunta de Galicia que permite enviar unha mensaxe a todos os móbiles dunha zona concreta en caso de emerxencia
O obxectivo destas mensaxes é avisar a poboación dunha emerxencia ou catástrofe e indicar como actuar
Comeza o xuízo pola morte de Samuel Luiz
14/10/2024 17:04
O fiscal pide para os cinco acusados de 22 a 25 anos de cadea
A acusación particular pide condenalos por un delito de odio por orientación sexual
Aprazada a este martes a declaración do acusado do crime do Birloque
14/10/2024 14:41
O investigado pola morte violenta dunha muller neste barrio coruñés enfróntase a 25 anos de cadea
Este luns quedou constituído o xurado
O crime de Samuel Luiz, a xuízo con cinco acusados e máis de 80 testemuñas
14/10/2024 14:19
As probas de ADN involucran directamente dous dos investigados
O informe forense é demoledor, os médicos atoparon 46 lesións no corpo de Samuel
O comisario do caso Samuel Luiz: "Espero que os culpables reciban penas exemplares"
Entran roubar en campos de fútbol de Cambre e Culleredo
14/10/2024 14:02
Os cacos provocaron máis danos que o botín que levaron
É a segunda vez en tres meses que asaltan o campo do Brexo-Lema en Cambre
A mellor tortilla de Betanzos: a do Café de Segundo
14/10/2024 13:58
Ivan Quintáns quedou finalista o ano pasado e este fíxose co galardón entre as 19 candidaturas presentadas
Quilo e medio de patacas do país, unha ducia de ovos, aceite, sal e "cariño" son os ingredientes da receita gañadora
O único "truco" da receita é pochar a pataca unha vez fritida: baixarlle o lume e deixala que se faga un pouco
Un incendio provocado calcina dous autobuses en Cerceda
14/10/2024 10:04
Os dous vehículos estaban estacionados en distinta beirarrúa e a varios metros de distancia
A Audiencia da Coruña xulga o acusado de matar a súa parella no barrio coruñés do Birloque
14/10/2024 08:15
O Ministerio Público apunta que as puñaladas lle perforaron a aorta e provocaron un choque hipovolémico que lle causou a morte de forma inmediata á muller
A Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito de asasinato con aleivosía, polo que piden 25 anos de cárcere, e outro de furto, polo que reclama o pagamento dunha multa
Veciños do barrio coruñés de Monte Alto denuncian un incremento dos roubos
13/10/2024 20:25
Nun edificio da zona entraron en dezasete rochos
Un simulacro de alerta masiva fará soar 300.000 teléfonos na Coruña e Arteixo
13/10/2024 14:05
A Axencia Galega de Emerxencias vai poñer a proba o vindeiro martes ás dez da mañá o sistema ES-ALERT
A Coruña analiza o modelo de cidade vertical na Semana da Arquitectura
12/10/2024 21:14
A programación incluíu visitas a edificios icónicos, como a Torre Hercón
A Garda Civil de Galicia conmemora a festividade da súa patroa
12/10/2024 14:39
A Comandancia da Coruña acolleu o acto central das celebracións
11/10/2024 17:12
Poderá axudar empresas e institucións a ser máis competitivas grazas á computación e á intelixencia artificial
O presidente da Xunta destacou o potencial de Galicia para ser líder nese sector e dixo que o Goberno galego seguirá axilizando os proxectos industriais estratéxicos para a nosa economía
O programa Fixar reúne en Laxe nómades dixitais procedentes de toda Galicia
11/10/2024 16:24
O programa piloto busca fixar poboación no rural a través do coliving e o coworking nos tres centros galegos que existen deste tipo no rural
A Xunta reitera que o investimento para a remodelación de Riazor será a partes iguais
11/10/2024 15:19
O 30 % dese investimento procederá un socio privado e o 70 % será institucional
Alertan dun intento de estafa dun suposto comercial que vende cremas a domicilio
11/10/2024 14:12
Detectáronse casos en Oleiros e en Lalín, pero nin rastro dos estafadores, polo menos un home e unha muller
Fanse pasar por comerciais dun coñecido hipermercado e, unha vez dentro da casa, mostran unha actitude violenta
Idiakez: "Para aprender a andar hai que caer, e sufrir é moi recomendable"
11/10/2024 14:02
Di que ten varias opcións para substituír a Yeremay
Escotet, ratificado como novo presidente do Deportivo
11/10/2024 13:19
O Deportivo terá esta temporada un orzamento de 21 millóns de euros
Detidos pai e fillo na Coruña tras fuxir da policía por un caso de violencia machista
11/10/2024 09:55
O detonante da persecución foi a denuncia contra o pai, quen ten pendente unha orde de ingreso en prisión, por ameazas á súa exparella
Detidos dous homes na Coruña acusados de cometer 26 roubos en Oleiros
11/10/2024 09:40
Dedicábanse a roubar en vehículos estacionados e vivendas particulares
A Garda Civil arrestou un veciño de Culleredo por distintos roubos cometidos no Polígono Industrial do Espírito Santo
Un xardín terapéutico para os nenos ingresados no hospital Materno Infantil da Coruña
10/10/2024 14:23
Enmárcanse dentro da Estratexia de Humanización da Asistencia Sanitaria que o Goberno galego tamén vai impulsar noutros hospitais
Villares: "Coa xente que temos arriba, tarde ou cedo as ocasións entrarán"
10/10/2024 14:05
Villares prefire que a competición non pare, malia perder compañeiros como Yeremay
San Tirso-Español e Compostela-Alavés, na primeira eliminatoria da Copa do Rei
10/10/2024 13:00
O Celta xogará contra o San Pedro de Málaga
As eliminatorias a partido único serán o 29-30-31 de outubro
Un simulacro de alerta masiva de Axega este martes fará soar ao tempo 300.000 móbiles na Coruña
10/10/2024 12:38
Todos os móbiles que estean na área da Coruña e Arteixo hoxe sobre as 10 da mañá van recibir un aviso sonoro a todo volume
Na mensaxe de texto xa se lles advirte que se trata dun simulacro: só deben pulsar ACEPTAR
A Coruña publica a súa ordenanza municipal para regular as vivendas de uso turístico
10/10/2024 12:04
O Concello enviou notificacións aos 1.277 propietarios dos pisos que constan oficialmente
Leyma Coruña e Andorra, dous proxectos similares
10/10/2024 11:30
O Leyma busca a segunda vitoria na casa do Andorra
Rodríguez fai un chamamento a colaborar entre administracións ante o problema de vivenda
10/10/2024 11:11
Agradeceu a "complicidade e o apoio" que lle brindan as comunidades autónomas, ao apoiar as iniciativas do Goberno, e insistiu no seu chamamento a unha "grande alianza de país" para dar resposta ao problema da vivenda
A conselleira de Vivenda da Xunta dixo que a comunidade necesita "máis fondos" para vivenda
A Garda Civil desarticula un importante punto de venda de drogas na Costa da Morte
10/10/2024 09:19
Os axentes detiveron un veciño de Fisterra e incautáronse de 4.800 gramos de haxix
Parte da droga apareceu oculta nunha bolsa de penso para cans
A investigación iniciouse tras detectar un aumento da demanda de substancias estupefacientes na Costa da Morte
Histórica xornada para o San Tirso, que recibirá a un equipo de Primeira na Copa
09/10/2024 21:41
O conxunto de Preferente derrotou o Selaya cántabro na quenda de penaltis e vivirá unha xornada para a lembranza
Programa Talentos Inclusivos do CITIC: mellorar a vida cotiá das persoas con parálise cerebral
09/10/2024 20:31
Usuarias e usuarios propóñenlles retos cotiáns a alumnos de tecnoloxía de bacharelato
Os participantes levan máis de 40 retos solucionados en catro edicións
18 anos de cadea por abusar sexualmente da filla menor dun amigo e pedirlle fotos espida
09/10/2024 15:48
A vítima tiña 14 anos cando comezaron os feitos. Enviáballe vídeos e fotos masturbándose e pedíalle que ela fixera o mesmo.
Segundo a sentenza, o agora condenado aproveitábase da amizade co pai da vítima para chegar a ela
Helton Leite, “impresionado” co nivel que se atopou na Liga
09/10/2024 13:31
Leite: “É unha categoría moi boa. Non a coñecía e non sabía que había tanta calidade"
Arde por completo un taller electromecánico do polígono do Temple, en Cambre
09/10/2024 12:33
Rexistra danos, con xanelas rotas e cos coches totalmente calcinados, malia que aínda non puideron determinar cantos vehículos había no interior
Xa arredor de media mañá deuse por controlado o incendio, segundo fontes municipais, aínda que os efectivos seguían traballando para arrefriar a nave
O comisario do caso Samuel Luiz: "Espero que os culpables reciban penas exemplares"
08/10/2024 16:47
O xuízo polo asasinato do mozo na Coruña en 2021 comeza o 16 de outubro
O fiscal pide de 22 a 25 anos de cadea para os cinco acusados, coa agravante da homofobia
Exporpymes promove na Coruña produtos galegos con importadores de máis de 20 países
08/10/2024 14:42
Empresas galegas do sector agroalimentario e de bebidas buscan nesta feira clientes no exterior
O reto de futuro da intelixencia artificial pasa pola aplicación á robótica
08/10/2024 14:41
O debate está nos usos e os límtes aos avances tecnolóxicos
O vento tempestuoso provoca danos materiais en Vimianzo
08/10/2024 10:14
O fenómeno levantou tellados e arrincado árbores, ata un carballo centenario, pero non provocou danos persoais
Os fortes refachos farán que este martes estea en aviso toda a costa de Galicia, salvo o litoral de Lugo, por vento do suroeste de forza sete
O independente Javier Sar é o novo alcalde de Muxía despois da moción de censura contra o PSdeG
07/10/2024 15:50
A dirección nacional do BNG non apoia o sentido do voto da concelleira nacionalista na localidade que se enfronta a un expediente disciplinario