Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta investirá máis dun millón nas obras de dragaxe dos portos de Barallobre, Miño e Pontedeume

A Xunta investirá máis dun millón nas obras de dragaxe dos portos de Barallobre, Miño e Pontedeume

O importe da licitación é de 940.000 euros, aos que se suman 120.000 euros máis dos estudos ambientais previos e 235.000 do programa de vixilancia ambiental

A conselleira do Mar avanzou que nos próximos días Portos de Galicia licitará tamén as obras da dragaxe de mantemento do porto de Cariño

A conselleira do Mar anunciou o proxecto durante a presentación da Festa do Percebe do Roncudo de Corme A conselleira do Mar anunciou o proxecto durante a presentación da Festa do Percebe do Roncudo de Corme
G24.gal 09/07/2025 18:41

A Xunta de Galicia investirá 1,3 millóns de euros nas obras de dragaxe dos portos de Barallobre-Maniños (Fene), Miño e Pontedeume. Diso informou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, nunha visita ao peirao eumés este mércores.

A conselleira anunciou o inicio do procedemento de licitación das obras e informou de que desde este mércores está aberto o prazo para a presentación de ofertas para a execución dos traballos nos tres portos, que se desenvolverán en base a un proxecto conxunto, dadas as súas características e proximidade. Os licitadores terán ata o día 4 de agosto para presentar as súas ofertas.

As tres dragaxes compartirán punto de vertedura dos áridos no golfo Ártabro. O importe da licitación é de 940.000 euros, aos que se suman 120.000 euros máis dos estudos ambientais previos e 235.000 do programa de vixilancia ambiental.

As obras terán un prazo de execución de nove meses unha vez iniciadas. En total nos tres portos dragarase  un volume estimado en preto de 38.000 metros cúbicos de áridos. Para a execución das obras está previsto o emprego dunha draga de culler que transportará o material extraído ata o punto de vertedura en mar aberto.

Ademais, Villaverde avanzou que nos próximos días Portos de Galicia licitará tamén as obras da dragaxe de mantemento do porto de Cariño. O ente público investirá 180.000 euros nesta actuación que complementa a xa executada por 600.000 euros.

Por outra banda, a conselleira do Mar participou na presentación da XXXIII edición da Festa do Percebe do Roncudo de Corme, que terá lugar no concello coruñés de Ponteceso o 19 de xullo. Alí, enxalzou a traxectoria deste evento gastronómico que se celebra ininterrompidamente desde o ano 1992 e que está declarada Festa de Interese Turístico Gallego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade