Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha modificación estatutaria circunscribe o Dépor exclusivamente ao ámbito do fútbol

Unha modificación estatutaria circunscribe o Dépor exclusivamente ao ámbito do fútbol

A entidade acolleu seccións de hóckey, baloncesto, rugby, boxeo, balonmán, natación, tenis ou xadrez, pero a que máis sona tivo foi a de atletismo

G24.gal 09/07/2025 17:18 Última actualización 09/07/2025 17:24

Unha modificación estatutaria aprobada en xunta de accionistas circunscribe o Deportivo exclusivamente ao ámbito do fútbol. Pero na historia non houbo un Deportivo, senón varios.

Se cadra non moitos saben que o Deportivo gañou unha volta a España da man de Julián Berrendero no 42. Naquel equipo ciclista militaban os ponteareáns Delio e Emilio Rodríguez. A entidade acolleu seccións de hóckey, baloncesto, rugby, boxeo, balonmán, natación, tenis ou xadrez, pero a que máis sona tivo foi a de atletismo, que luciu deportistas olímpicos e campións de España nos anos setenta e oitenta como Isidoro Hornillos.

A sección durou ata o ano 88. Desde os noventa, o fútbol é o único rei, como recollen agora os estatutos do club.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos