Volven os cruceiros turísticos pola ría da Coruña para descubrir a cidade desde outra ollada
Pequenos barcos amosan dende o mar os monumentos máis emblemáticos da cidade
Xornada ventosa, pero solleira, ideal para aventurarse polas augas da ría da Coruña a bordo do Rías Altas Dos.
O seu patrón guía un paseo náutico con vistas aos monumentos más icónicos da cidade como o Castelo de Santo Antón ou a Torre de Hércules, vista desde o mar, un dos grandes atractivos para moitos viaxeiros.
Quizais polo Nordés que zoa hoxe hai menos, pero o barco ten capacidade para 150 pasaxeiros entre os seus dous andares.
Á fronte do Rías Altas Dos, Francisco Fernández que leva máis de 25 anos sucando as augas da ría da Coruña. "O que máis gusta e que a xente che diga que bonito, gustounos moito", di.
Ao outro lado da ría o Castelo de Santa Cruz e as praias de Oleiros. Traxecto dunha hora e volta ao peirao do Parrote para volver comezar. E así ata setembro.