Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pantín Classic enche os hoteis de Ferrolterra e crea máis de medio milleiro de postos de traballo

O Pantín Classic enche os hoteis de Ferrolterra e crea máis de medio milleiro de postos de traballo

O evento dinamiza a economía de Ferrolterra, con 500 postos de traballo asociados

A ocupación hoteleira roza o 90 % na contorna de Valdoviño

G24.gal 26/08/2025 15:10 Última actualización 26/08/2025 15:51

Durante nove días a pequena parroquia de Pantín multiplica por 165 a súa poboación para acoller o Pantín Classic. Un imán para os surfistas, pero tamén para multitude de turistas e curiosos que visitan a zona.

"Os hoteis da comarca están cunha ocupación de máis do 90 % e os restaurantes, como non chamaras a tempo xa será difícil comer, están ao 100 %. O evento nutre a economía de todo Ferrolterra", di Iago Barreto, director do Abanca Pantín Classic Galicia Pro.

Unha competición deportiva que cumpre 38 anos tirando da economía de restaurantes, hoteis e tendas coma esta, aos topes durante un receso do campionato.

"A xente consome moito nas barras e tamén compra moito nas tendas.  Hai moito impacto positivo no comercio local, a cita pon a Ferrolterra no mapa europeo".

"Cada ano medra, é un gusto ver a xente de moi lonxe aquí, e surfistas de primeiro nivel", din na tenda oficial do certame.

Unhas 500 persoas, 100 de xeito directo, traballan para que todo funcione nesta cidade do surf que este ano serve tamén de escaparate para os emprendedores da contorna.

"Nós facemos táboas de surf en Malpica, na Costa da Morte. Animamos a que a xente pase polo noso posto para coñecernos", di Jonathan Vázquez Lema, de Táboas Swell.

"Nós traemos conservas da nosa cociña cooperativa. Os agricultores facemos nela produtos cos excedentes de colleita, para aproveitar froitas e verduras locais", engade Germán, de Daquí Darredor de Brión.

A ludoteca infantil, os concertos do Pantín Sound ou as exhibicións dos skaters, coa visita o venres de Dani León, completan o programa dun evento que pon a Valdoviño na crista da onda do surf mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos