Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unhas 10.000 persoas pasan cada día pola competición Abanca Pantín Classic de Valdoviño

Unhas 10.000 persoas pasan cada día pola competición Abanca Pantín Classic de Valdoviño

Celébrase a edición número 39 do campionato, que durante nove días acolle unhas cen mil persoas

Máis de trescentos deportistas participan nas competicións 

A economía da zona nota a afluencia de xente e aumenta a facturación, sobre todo na hostalería

G24.gal 27/08/2026 12:47

Está en marcha, ata o domingo, o campionato Abanca Pantín Classic, en Valdoviño, un evento deportivo centrado no surf polo que pasan, en cada edición, unhas cen mil persoas.

En Pantín, Valdoviño, hai censados uns 600 veciños. Os días de competición, da Pantín, eses algo máis de medio milleiro de veciños pasan a ser arredor de cen mil. Cada xornada, a Pantín Clasic atrae uns dez mil visitantes ás praias e á contorna.

Hai trinta e nove anos que, por estas datas, ata o 30 de agosto nesta edición, Valdoviño é capital do deporte, na area, no mar e en toda a contorna. Participan máis de douscentos cincuenta deportistas. 

Durante nove días, a Abanca Pantín ofrece máis dun cento de actividades deportivas, skate, pero tamén música en directo e talleres. A praia de Pantín é estes días, quilómetro cero do surf. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade