Publicador de contidos

Publicador de contidos

Últimos días para os turistas de agosto

Últimos días para os turistas de agosto

Sanxenxo está estes días ao 97,7% de ocupación

Son os últimos días de vacacións para moitos
G24.gal 28/08/2025 20:49 Última actualización 28/08/2025 21:02

Son os últimos días de vacacións para moitos. E nas localidades de costa aprovéitase cada raio de sol. É o caso de Sanxenxo con rexistros estes días do 97,7% de ocupación.

Pisos e chales resérvanse case dun ano para outro e en hoteis como o Carlos I tiveron lista de espera para algunhas datas desde abril. As reservas fanse cada vez antes e só se van liberando prazas se hai cancelacións. A previsión para setembro é boa. O tempo é clave para a ocupación. Por iso este ano acadáronse estes extraordinarios rexistros.

Os turistas de agosto xa contan os días e celebran cada último baño, paseo en barco, pachanga ou cada última caña.

Moitos recuncarán o ano vindeiro e os máis próximos virán fins de semana ou en noitevella para escorrentar a morriña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade