Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un gromo de salmonelose con 94 afectados nun festival de Oza-Cesuras

Investigan un gromo de salmonelose con 94 afectados nun festival de Oza-Cesuras

Sanidade sinala que "fan pensar nunha orixe bacteriana" e engaden que se están investigando os posibles alimentos que causaron o gromo e os establecementos implicados

Trasan Fest Trasan Fest
G24.gal 30/06/2025 13:16 Última actualización 30/06/2025 14:05

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, investiga a causa dun gromo de salmonelose detectado en Oza-Cesuras con 94 persoas afectadas, segundo a información facilitada polo departamento autonómico.

En relación ao mesmo, sinala que se están realizando enquisas epidemiolóxicas entre os afectados para poder identificar a orixe da intoxicación alimentaria que se produciu nun festival celebrado no municipio coruñés.

Sobre as evidencias recollidas ata o momento, Sanidade sinala que "fan pensar nunha orixe bacteriana", e engaden que se están investigando os posibles alimentos que causaron o gromo e os establecementos implicados.

Ademais, indica que está en contacto co Concello de Oza-Cesuras como responsable da autorización do evento para poder identificar os operadores de restauración que se instalaron no festival celebrado no municipio esta fin de semana.

Os afectados foron derivados a hospitais da Coruña como o Complexo Hospitalario Universitario (CHUAC) e HM Hospitales.

Desde este último centro indicaron que atenderon 26 pacientes, ningún con cadro grave. Deles, 25 foron derivados á casa cun tratamento específico e unha persoa quedou en urxencias en observación.

No CHUAC atenderon máis de 50 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade