Dous feridos e catro identificados nunha nova pelexa en Santa Cristina, Oleiros
Tras prestar declaración, quedaron en liberdade
Na zona din que episodios como o desta madrugada se repiten con frecuencia
Non transcenderon os motivos da agresión, pero o caso é que o suceso xerou unha gran tensión na zona e perturbou a tranquilidade dos que durmían.
"Asomeime á ventá e vin 4 ou 5 rapaces mallando dúas persoas maiores: puñadas, patadas... Eu baixei correndo e un deles fíxome o mataleón. Díxenlle que me soltara... porque eu ía petarlle...".
"Foi boa, eh? Foi boa...", comentan os veciños.
Ao lugar achegáronse os servizos sanitarios, que, finalmente, tiveron que trasladar dous feridos ao CHUAC.
"Dous homes... Un quedou tirado no chan e outro de pé. Veu tamén a Garda Civil e a Policía Local, e eu díxenlles quen foran".
"Isto non é unha novidade de agora. Isto é constantemente".
Os axentes identificaron catro persoas pola agresión, na que non se empregaron armas brancas. Tras prestaren declaración, foron postos en liberdade.