Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Local de Lugo fai controis de alcol e drogas aos condutores de vehículos de mobilidade persoal

A Policía Local de Lugo fai controis de alcol e drogas aos condutores de vehículos de mobilidade persoal

Aínda que non supoñen retirada de puntos, estas actuacións son motivo de sanción económica

G24.gal 08/07/2025 12:48

Nas últimas semanas intensifícanse as probas de consumo de substancias aos condutores de patinetes e bicicletas en Lugo.

O usuario dun patinete deu positivo nun perigoso cóctel de cocaína, THC e anfetaminas. Outro condutor deu taxas moi altas de alcol: nada menos que 0,90, unha cifra que en vehículos de motor sería considerada delito penal. Unha terceira persoa que se desprazaba en patinete deu 0,33 na proba de alcoholemia.

Aínda que non supoñen retirada de puntos, estas actuacións son motivo de sanción económica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade