Publicador de contidos

Publicador de contidos

CCOO denuncia que o Concello de Lugo está a privatizar servizos sociais

CCOO denuncia que o Concello de Lugo está a privatizar servizos sociais

O sindicato anuncia mobilizacións en caso de que as autoridades municipais non rectifiquen

Desde o Concello aseguran que a prestación dos servizos públicos está cuberta

G24.gal 22/10/2025 14:16

As Comisións Obreiras denuncian que o Concello está a privatizar servizos sociais e advirte que se van encadear á casa consistorial se o Goberno local non senta a negociar. O Goberno de coalición de PSdeG e BNG di que os servizos públicos están cubertos. 

A sección sindical das Comisións Obreiras no Concello de Lugo fala de situación límite. Dun Goberno local colapsado que está a vender e privatizar servizos públicos mentres se esquecen do cadro de persoal.

Piden amparo ao Goberno central e á voceira nacional do BNG, Ana Pontón. Esixen cobertura de prazas ou regulación da xornada laboral. Insisten en que a situación é especialmente preocupante en ámbitos sensibles, como os pisos de acollida. Ou que só haxa unha persoa a media xornada en Servizos Sociais.

Os representantes de Comisións piden negociar en serio e non nos bares. Avanzan que van ser máis belixerantes, e non descartan encadearse no concello se o Goberno local non se abre a negociar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade