Publicador de contidos

Publicador de contidos

A aparición dun cadáver nas vías obrigou a cortar a circulación ferroviaria entre Santiago e Ordes

A aparición dun cadáver nas vías obrigou a cortar a circulación ferroviaria entre Santiago e Ordes

Os trens xa poden circular con normalidade

Arquivo/Jesús Hellín/Europa Press Arquivo/Jesús Hellín/Europa Press
G24.gal 20/10/2025 10:55

Adif informou de que xa foi restablecida a circulación ferroviaria entre Santiago e Ordes, que fora interrompida a primeira hora deste luns debido á aparición dun cadáver nas vías, unha incidencia que afectou aos trens que fan o percorrido entre Santiago e A Coruña. O cadáver apareceu á altura da rúa Agra dous Mozos, no barrio de San Lázaro.

Segundo sinalou o 112 Galicia, a alerta por este contratempo produciuse sobre as 10.00 horas, e foi o propio Adif o que comunicou o sucedido ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112 Galicia).

O CIAE trasladou a alerta ao 061, e aos efectivos da Policía Nacional e da Policía Local de Santiago. 

 

Polo momento non transcenderon máis datos. Ante esta situación, estableceuse un plan alternativo de transporte con transbordos por estrada para garantir a mobilidade dos viaxeiros mentres durou o corte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade