Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un motorista de 29 anos tras chocar contra un gardarraíl e caer ao mar na PO-11

Falece un motorista de 29 anos tras chocar contra un gardarraíl e caer ao mar na PO-11

As forzas de seguridade atoparon na estrada a moto accidentada

Os bombeiros acudiron ata o lugar e atoparon o corpo a uns 30 metros

Imaxe de arquivo da PO-11 Imaxe de arquivo da PO-11
G24.gal 20/10/2025 08:15 Última actualización 20/10/2025 09:39

Falece un motorista de 29 anos tras chocar contra o gardarraíl e caer ao mar na PO-11 á altura de Ence. Os feitos sucederon ás 04:30 horas deste luns na autovía que une Marín con Pontevedra. As forzas de seguridade atoparon na estrada a moto accidentada.

Para o seu rescate, foi necesario activar recursos acuáticos tanto do equipo de Bombeiros de Pontevedra como de Salvamento Marítimo, aínda que bastaron os primeiros para recuperar o corpo xa sen vida do motorista.

A primeira alerta sobre o suceso produciuse pouco antes das cinco desta madrugada mediante unha chamada ao 112 Galicia dun condutor que circulaba pola PO-11, en Pontevedra, e sorprendeuse por unha moto sinistrada entre o carril dereito da autoestrada e a beiravía, pero era incapaz de ver onde estaba o condutor. 

Deseguido, os xestores do 112 Galicia avisaron aos medios e recursos necesarios, tanto efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como os axentes da Policía Local, que, pouco despois, atoparon o motorista caído na ría. Deste xeito, preparouse un rescate no espazo acuático, no que interviñeron os Bombeiros de Pontevedra e solicitouse a colaboración de Salvamento Marítimo. Sen embargo, bastaron os efectivos do parque municipal para recuperar o corpo xa sen vida do motorista.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade