Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha caída mundial da nube de Amazon provocou fallos en milleiros de webs e apps

Unha caída mundial da nube de Amazon provocou fallos en milleiros de webs e apps

Estanse reportando problemas nas páxinas do BBVA e ING Direct, nas redes de Movistar e Orange e fallos en redes sociais e videoxogos

 Amazon Web Services di que ten identificadas as posibles causas 

REUTERS/Dado Ruvic REUTERS/Dado Ruvic
G24.gal 20/10/2025 11:38

Desde primeira hora da mañá a Amazon Web Services (AWS), a maior rede de servidores na nube do mundo, rexistra milleiros de incidencias que impiden os usuarios acceder a redes sociais, webs, plataformas de xogo en liña e aplicacións móbiles por todo o mundo.

O asistente virtual Alexa non funciona e tampouco a plataforma de televisión de Amazon ou xogos tan populares como Fortnite ou o Clash Royale.

En España, tamén se reportaron problemas nas plataformas de entidades bancarias como BBVA ou ING Direct, ou nas de redes como Movistar ou Orange.

A causa, unha caída nun dos centros de datos de Amazob Web Services nos Estados Unidos que a empresa, cre ter xa localizada.

"Durante este tempo, é posible que os clientes non poidan crear nin actualizar casos de soporte técnico. Os enxeñeiros puxéronse de inmediato e están a traballar activamente para mitigar o problema e comprender a fondo a súa orixe", explicou AWS na súa web na súa última actualización dos feitos.

Ademais, di que está "a traballar en múltiples vías paralelas para acelerar a recuperación" e recomenda que "os clientes sigan reintentando calquera solicitude (de conexión) que fallara".

Os erros reportados tiveron lugar nas instalacións de AWS de Virginia do Norte (Estados Unidos), un dos centros de datos máis grandes e antigos desta compañía, segundo confirmou AWS. Ata as 11:00 da mañá a empresa contabilizou un total de 58 servizos afectados e mesmo un deles totalmente interrompido, o Amazon DynamoDB -unha base de datos-.

Precisamente ese servizo de Amazon e o proceso que segue para comunicarse co citado centro de datos estadounidense é o que parece estar na orixe do problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade