Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta e Amazon alíanse para formar en novas tecnoloxías os estudantes de FP

A Xunta e Amazon alíanse para formar en novas tecnoloxías os estudantes de FP

O acordo que asinou a multinacional coa Xunta é para incluír na FP materias de intelixencia artificial e computación na nube para formar os estudantes nos traballos do futuro

Galicia é a oitava comunidade que se suma a esta alianza con Amazon, en que xa están 60 empresas e 600 institucións educativas

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora de Amazon Web Services, Suzana Curic, este mércores en Santiago de Compostela. EFE/Lavandeira jr
G24.gal 12/11/2025 18:47

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a responsable de Amazon Web Service España, Suzana Curic, asinaron este mércores en Santiago de Compostela un convenio para impulsar a formación en novas tecnoloxías na FP. 

Galicia é a oitava comunidade que se suma a esta alianza con Amazon, en que xa están 60 empresas e 600 institucións educativas en España co obxectivo de formar medio millón de mozos en habilidades dixitais.

O acordo que asinou a multinacional coa Xunta é para incluír na FP materias de intelixencia artificial e computación na nube para formar os estudantes nos traballos do futuro. 

"Poderán traballar nestas ferramentas (IA e Cloud Computing) que xa usan as empresas líderes mundiais para prepararse con certificacións recoñecidas pola industria e logo conectar con potenciais empregadores", explicou a responsable de Amazon Web Service España.

Alfonso Rueda cualifica este acordo de alianza privilexiada na aposta da Xunta por converter a FP galega nun referente en España e por formar profesionais en áreas con alta demanda laboral.

"Para todo o que ten que ver con novas tecnoloxías, combinado cunha visión práctica, é o que engancha o alumnado, ademais do esforzo da Xunta, necesitamos aliados potentes e cribles", afirmou o presidente da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade