Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigada unha veciña de Cangas por supostamente desfacerse de dous cachorros de gato tirándoos a un contedor

Investigada unha veciña de Cangas por supostamente desfacerse de dous cachorros de gato tirándoos a un contedor

Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, a investigación iniciouse en maio pasado, cando un veciño alertou o SEPRONA tras escoitar miañar no interior dun contedor

Cando chegaron os axentes localizaron dous cachorros no interior dunha bolsa de plástico, un deles xa falecido

G24.gal 20/10/2025 10:46

A Garda Civil investiga unha veciña de Cangas, de 84 anos, como presunta autora dun delito de abandono e maltrato animal, por desfacerse, supostamente, de dous cachorros de gato lanzándoos a un contedor de lixos. Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, a investigación iniciouse en maio pasado, cando un veciño alertou o SEPRONA tras escoitar miañar no interior dun contedor.

Cando chegaron os axentes localizaron dous cachorros no interior dunha bolsa de plástico, un deles xa falecido. Os animais foron trasladados a un centro veterinario para o seu recoñecemento. Coa colaboración da Protectora de Animais do Morrazo, a Garda Civil puido localizar a gata que presuntamente parira os cachorros e, tras estudar os perfís xenéticos, puido confirmarse a relación.

A Garda Civil localizou a dona da gata e procedeuse a investigala por un suposto delito de abandono e maltrato animal. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de garda de Cangas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade