Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un veciño de Sarria por roubar o seu propio can na Protectora de Animais de Lugo

Deteñen un veciño de Sarria por roubar o seu propio can na Protectora de Animais de Lugo

O home entrou de noite nas instalacións e levou o animal tras negarse a pagar os gastos dos coidados do animal durante o tempo que estivo na protectora

Xa pasou a disposición xudicial e enfróntase a un delito por apropiación indebida 

G24.gal 08/10/2025 14:39

Din os que coidan do can que está asustado, e non é para menos. O último mes estivo cheo de sobresaltos. O animal agora está na protectora de Lugo recuperándose, a onde chegou despois de andar un mes perdido.

 "Escapaba, collémolo, estaba coas uñas longas, un pouco famélico porque levaba tempo fuxido", explica Alberto Losada, presidente da Protectora de Animais de Lugo.

Pasado un tempo un home que di ser o seu dono chega á protectora buscalo. O can estaba sen identificar, polo que a protectora pon en marcha o protocolo de adopción. 

 "Démoslle a documentación que hai que cubrir e levouna para a casa, e esa noite desapareceu o can e denunciamos o roubo", engade o presidente da Protectora de Animais.

Horas máis tarde a Garda Civil localiza o can na casa do seu exdono en Sarria. 

"Non había portas abertas, tivo que saltar o valado. Nós se souberamos que o can ía estar en boas condicións, estudariamos devolverllo. Temos que asegurarnos como facemos co resto dos cans. Agora o caso está xudicializado", di Alberto Losada.

Agora será un xuíz o que decida o futuro do animal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade