Cargando resultados...
10.000 alumnos de institutos galegos tentarán descubrir a súa vocación na XIV edición de Edugal
O salón desprega información sobre a oferta formativa de universidades e formación profesional coa posibilidade de ter un achegamento práctico
G24.gal
08/10/2025 14:31
Que queren ser de maiores os adolescentes? A pregunta non é doada, pero para tentar resolver dúbidas uns 10.000 mozos de 187 institutos de toda Galicia van pasar ata o venres polo salón Edugal, en Pontevedra.
Neste salón poden probar en primeira persoa como é o traballo dun técnico de imaxe e son, ou dun experto en coctelería, ou estar na recepción virtual dun hotel. Vivir a tensión do interior dun blindado ou experimemtar a sensación orgánica do barro. Os estudantes buscan información e tamén sensacións que lles axuden a tomar unha decisión vital.