Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queiman en menos dunha hora cinco contedores en dúas rúas da Coruña

Queiman en menos dunha hora cinco contedores en dúas rúas da Coruña

Amais de afectar os contedores, as lapas tamén causaron danos nas fachadas máis próximas

G24.gal 08/10/2025 14:02

Queimaron de madrugada tres contedores na rúa Benito Blanco Rajoy. Dous de papel, que quedaron completamente calcinados, e un de lixo, que estaba comezando a arder cando chegaron os bombeiros. Eran as tres e media da mañá.

"Eu espertei polo ruído e tamén polo cheiro a fume". "Mirei pola ventá e xa baixei". "Estes contedores puxéronos novos a semana pasada e xa están queimados outra vez".

Un incendio que, amais de afectar os tres contedores, causou máis danos materiais. As lapas danaron tamén a cristaleira da óptica que está a escasos dous metros. "Se chega a caer o cristal da óptica, chega o lume ao andar 14, e somos 27 veciños". "Puido pasar algo peor".

Esta mañá, mentres trataban de recuperarse do susto, os veciños lembraban que esta non é a primeira vez que sucede algo similar. "É a segunda vez, e os contedores son novos". "Amais aí están moi mal postos, porque están moi preto do edificio e pode pasar unha desgraza".

En menos dunha hora, os bombeiros trasladábanse á avenida de Monelos. Alí queimaron outros dous contedores soterrados, un de papel e outro de vidro, e a fachada do inmoble máis próximo tamén resultou danada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade