Publicador de contidos

Publicador de contidos

Funcas prevé que a economía española medre un 2,9 % en 2025

Funcas prevé que a economía española medre un 2,9 % en 2025

A Fundación dos Bancos e Caixas de CECA eleva seis décimas o seu cálculo anterior

O avance do PIB baixaría a un 1,9 % en 2026 e a un 1,7 % en 2027

G24.gal 22/10/2025 13:14

A economía española vai medrar un 2,9 % este ano, segundo as previsións de Funcas. Melloran seis décimas a previsión anterior. Cinco veñen pola revisión que tamén fixo o INE. E outra décima positiva sería polo menor impacto estimados dos aranceis dos Estados Unidos. 

O ano que vén a economía seguiría avanzando, pero pisa o freo, cun punto menos. Quedaría no 1,9 %. E no 2027 o avance sería dun 1,7 %. 

España está medrando moi por riba da media europea e sobre todo polo consumo interno.

En cambio hai factores que lastran, como as exportacións, o baixo investimento ou a falta de vivendas. De feito, a crise habitacional xa está freando a chegada de traballadores estranxeiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos