Pechado o gromo de salmonela do festival de Oza-Cesuras con 161 casos e 3 aínda ingresados
A Xunta ultima un decreto para rexistrar a operadores como 'food trucks' e postos ambulantes que venden comida en feiras, mercados e festivais, co que terán que someterse a inspeccións sanitarias periódicas

A Consellería de Sanidade da Xunta deu por pechado este martes o gromo de salmonela vinculado a un festival de Oza-Cesuras (A Coruña) cun total de 161 casos confirmados, dos que tres aínda están ingresados en hospitais galegos.
Mentres continúa a investigación sobre a orixe do gromo, vinculado cunhas tortillas individuais vendidas nun posto do Trasan Fest da última fin de semana de xullo, Saúde Pública considera que o gromo está pechado.
Detalla que non hai constancia de casos con data de inicio de síntomas posterior ao 30 de xuño -o festival celebrouse do 27 e 28 de xuño-, polo que transcorreron xa seis días, o que supón dous períodos de incubación completos, de 72 horas.
Por tanto, sitúa o gromo en 161 casos finais, dos que tres continúan ingresados nalgún dos hospitais galegos, detallan fontes do Goberno autonómico.
A Xunta ultima un decreto para rexistrar a operadores como 'food trucks' e postos ambulantes que venden comida en feiras, mercados e festivais, co que terán que someterse a inspeccións sanitarias periódicas como xa ocorre con bares e restaurantes.