Cargando resultados...
Feridos tres axentes da Policía Nacional durante unha intervención por un roubo na Coruña
O home levaba dúas armas brancas e atacou os policías cando tentaron reducilo
G24.gal
30/06/2025 20:23
Última actualización 30/06/2025 21:35
Tres axentes da Policía Nacional quedaron feridos leves na madrugada deste luns durante unha intervención na Coruña tras un roubo con violencia.
Segundo fontes policiais, os feitos ocorreron arredor da unha e media da madrugada no cruzamento entre a ronda de Outeiro e a avenida de Fisterra. Os axentes atopábanse na zona para deter un home que acababa de cometer un roubo con violencia.
O sospeitoso levaba dúas armas brancas e puxéronse violento cando intentaron reducilo, polo que os policías quedaron feridos.