Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan por violación a Ben McLemore, ex-xogador do Breogán

Condenan por violación a Ben McLemore, ex-xogador do Breogán

O próximo mércores, McLemore coñecerá a condena que deberá cumprir tras ser declarado culpable de tres delitos

(AFP7 / Europa Press) (AFP7 / Europa Press)
G24.gal 04/07/2025 08:59

Un xurado do condado de Clackamas (Oregón) condenou este xoves a Ben McLemore, ex-xogador do Río Breogán e cunha longa carreira na NBA, por violar unha muller de 21 anos en 2021.

McLemore, de 32 anos, foi condenado por violación en primeiro grao, penetración sexual ilegal en primeiro grao e abuso sexual en segundo grao.

McLemore era xogador dos Portland Trail Blazers no momento da violación, ocorrida nunha festa á que acudiu xunto a outros xogadores da NBA, e recibirá a sentenza o próximo 9 de xullo, informou o condado de Clakamas nun comunicado.

Elixido no draft de 2013 no posto 7 polos Sacramento Kings, McLemore disputou nove tempadas na NBA e pasou por outros equipos como Memphis Grizzlies, Houston Rockets, Los Angeles Lakers e Portland Trail Blazers.

Posteriormente probou sorte fóra dos Estados Unidos no baloncesto chinés e grego antes de fichar en Lugo polo Río Breogán.

En marzo, McLemore foi denunciado pola Policía Local de Lugo por conducir ebrio, negarse a realizar a proba de alcoholemia e enfrontarse aos axentes.

Na actualidade, McLemore competía na liga turca. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade