Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova mostra da Fundación Marta Ortega, dedicada ao británico David Bailey

Nova mostra da Fundación Marta Ortega, dedicada ao británico David Bailey

É a primeira retrospectiva do británico que se pode ver en España

Bailey é un dos referentes da fotografía de moda, pero tamén un retratista excepcional

G24.gal 27/06/2025 14:26

David Bailey’s Changing Fashion é un percorrido fascinante pola obra deste londiniense nado pouco antes da Segunda Guerra Mundial, que se converteu nun referente do estilo dos anos 60.

Bailey creou unha linguaxe visual propia a base de ignorar as convencións da moda e da fotografía. A súa foi a cámara que máis demandou a revista Vogue na súa época dourada. E tamén a escollida para ilustrar as cubertas de álbums míticos dos Rolling Stones, Mike Oldfield, Alice Cooper ou Elton John. A que mañá abre ao público na Coruña é a primeira retrospectiva sobre Bailey que se pode ver en España, como nos contou o seu fillo Fenton Bailey, manager do seu estudio.

“Non a trouxemos antes porque non había un espazo coma este. Marta Ortega creou algo marabilloso. Ten ata unha sala de vídeo en 3D. Fixemos exposicións en todo o mundo, moitas en Londres e lugares como Suecia, Noruega ou Os Ánxeles… agora tivemos esta oportunidade e non dubidamos en aproveitala”.

A serie 'Box Of Pin Ups', de mediados dos anos 60, é unha das xoias da mostra. Presenta retratos en branco e negro de persoeiros daquela década. Algúns caeron no esquecemento e outros convertéronse en mitos eternos, como Mick Jagger, John Lennon ou Paul McCartney.

"Realmente non estamos ante un fotógrafo de moda, senón máis ben ante un retratista que incorpora esa faceta á súa fotografía de moda e ao resto do que fai ao establecer unha conexión moi forte cos suxeitos", explicounos Fenton Bailey.

Na exposición, que estará aberta ata o 14 de setembro, poden verse imaxes inéditas de negativos descartados por Bailey nos seus retratos, así como algunhas das cámaras que emprega e outros obxectos e documentos que conserva no estudio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade