Cargando resultados...
Un coche envorca na AP-9 á altura da peaxe de Sigüeiro
Quedou encaixado no medio das cabinas de cobro
G24.gal
31/10/2025 08:13
Un vehículo envorcou esta mañá na AP-9, á altura da peaxe de Sigüeiro. Quedou encaixado no medio das cabinas de cobro. A circulación puido continuar polos outros carrís da autoestrada.
O suceso tivo lugar sobre as 6:00 horas deste venres e p condutor saíu do vehículo polos seus medios.