O CGAC invita ao asombro coa experiencia inmersiva 'Percepción e incerteza'
Unha das catro videoinstalacións, a de Jaione Camborda, somérxenos no universo dunha persoa xordocega
Max de Esteban e Joan Fontcuberta abordan os avances e perigos da IA e a biotecnoloxía
A mostra estará aberta ata o 8 de febreiro
Máis ca unha exposición é unha experiencia.
"En todos os proxectos inmersivos hai un momento de sorpresa, de asombro", indica o director do CGAC, Santiago Olmo
Percepción e incerteza consta de catro videoinstalacións.
"Dúas de Max de Esteban que abordan a intelixencia artificial e os seus riscos e, por outro lado, os avances da biotecnoloxía e os seus riscos", explica Olmo
Na primeira paseamos cunha voz que nos fala do risco de ver patas arriba a nosa idea de privacidade ou liberdade, ata agora fundamentais. Na segunda pregúntase o artista que ocorrería se a intervención humana chegara a crear animais con conciencia.
"O seguinte espazo está feito completamente con IA por Joan Fontcuberta", prosegue o director do CGAC
Na sala oímos o voz de Fontcuberta lendo Biblia, versículos da creación do mundo, e vemos as imaxes que a intelixencia artificial xerou a partir desas palabras.
E a última videoinstalación ten a firma de Jaione Camborda. Alí proxéctase unha película. Pero nós non a vemos. Estamos detrás da pantalla. Coma unha persoa xordocega.
"É moi difícil de explicar, pero moi fácil de sentir e de percibir", resume Santiago Olmo
Un sae impresionado, con ganas de realidade.