Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello da Coruña pasa á acción, e os donos dos cans que non limpen serán sancionados

O Concello da Coruña pasa á acción, e os donos dos cans que non limpen serán sancionados

A Policía Local xa está intensificando a vixilancia, incluso actuando de paisano. As sancións poden ir dos 100 aos 500 euros

G24.gal 09/07/2025 18:51

Nos últimos meses e desde a entrada en vigor da ordenanza que obriga os donos dos animais de compañía limpar a vía pública, o Concello da Coruña viña desenvolvendo unha campaña centrada en informar a poboación. Pero agora iniciou nunha nova etapa. O Concello sancionará aqueles que non recollan as deposicións dos seus animais ou non limpen con auga os ouriños.

A partir desta semana, a Policía Local xa está intensificando a vixilancia, incluso actuando de paisano. As sancións poden ir dos 100 aos 500 euros. Multas que poden mesmo chegar ata os 30.000 euros nos casos en que os donos sexan reincidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade