Publicador de contidos

Publicador de contidos

Duascentas persoas lembran a Samuel Luiz 4 anos despois do crime e piden non esquecelo

Duascentas persoas lembran a Samuel Luiz 4 anos despois do crime e piden non esquecelo

Houbo unha concentración seguida dun minuto de silencio e un percorrido polos pasos que deu este mozo antes da súa morte

Vixilia polo asasinato de Samuel Luiz no seu cuarto aniversario (Cabalar/EFE) Vixilia polo asasinato de Samuel Luiz no seu cuarto aniversario (Cabalar/EFE)
G24.gal 03/07/2025 21:30

Dous centenares de persoas reuníronse na Coruña, cando fai catro anos do asasinato de Samuel Luiz, para lembrar a este mozo e pedir que ninguén se esqueza del.

Nesta homenaxe organizada pola asociación LGTB Alas, houbo unha concentración seguida dun minuto de silencio e un percorrido polos pasos que deu este mozo antes da súa morte violenta o 3 de xullo de 2021 ante a praia de Riazor.

"Un momento para lembrar e celebrar a vida de Samuel Luiz. Que ninguén se esqueza do que pasou fai catro anos", declarou un portavoz.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou o pasado 22 de maio a absolución de Alejandro Míguez, que fora condenado inicialmente a 10 anos de prisión como cómplice da agresión grupal.

Nesa sentenza, que non é firme, mantéñense as condenas contra Diego Montaña, de 24 anos coa agravante de homofobia; Alejandro Freire 'Yumba', 20 anos; e Kaio Amaral Silva, 20 anos e 6 meses ao engadir o roubo do teléfono da vítima.

Coa absolución de Alejandro Míguez e a previa de Catherine 'Katy' Silva reducíronse a cinco os condenados, pois hai outros dous que eran menores de idade no momento dos feitos e que xa cumpriron as súas penas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade