Publicador de contidos

Publicador de contidos

O avogado do absolto polo caso Samuel espera que poida recompoñer "unha vida esnaquizada"

O avogado do absolto polo caso Samuel espera que poida recompoñer "unha vida esnaquizada"

A sentenza do TSXG recolle a tese da defensa de que "non había proba suficiente" para a condena

EFE 22/05/2025 13:32

O avogado do último absolto polo crime de Samuel Luiz, Manuel Ferreiro, asegurou a EFE que a do seu cliente "é unha vida esnaquizada" e espera que esta sentenza "valla para recompoñela".

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou este xoves a absolución de A. M. R., que fora condenado inicialmente a dez anos de prisión como cómplice da agresión grupal que matou a Samuel Luiz o 3 de xullo de 2021 ante a praia de Riazor da Coruña.

Ferreiro mostrou a súa alegría pola sentenza, que recolle a súa tese de que "non había proba suficiente" para a condena, pois o Alto Tribunal ve vulnerada a presunción de inocencia e apunta a que ningunha testemuña sinalouno como partícipe.

A. M. R. "aínda non o dixeriu", pero sempre defendeu a súa inocencia, como expresou tanto no xuízo como na vista para o recurso de apelación, agora estimado só para el.

"Alégrome de corazón por el porque é unha vía esnaquizada, que espero que isto valla para recompoñela un pouco", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade