Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia de Samuel Luiz recorrerá no Supremo a sentenza que absolve a Alejandro Míguez

A familia de Samuel Luiz recorrerá no Supremo a sentenza que absolve a Alejandro Míguez

 Os avogados dos tres condenado a penas que van dos 20 aos 24 anos de cadea tamén presentarán recurso

G24.gal 23/05/2025 15:05

A familia de Samuel Luiz vai recorrer ao Supremo a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que absolveu a Alejandro Míguez. Tamén o farán os avogados dos tres condenado a penas que van dos 20 aos 24 anos de cadea, e que viron como se ratificaban na sentenza do TSXG.

"Hai unhas actuacións que están claramente diferenciadas e que deberon ser susceptibles dunha cualificación distinta", explica David Freire, avogado de Alejandro Freire.

"A figura de Kaio Amaral tamén foi inxustamente condenada e volveu repetirse o erro que é consideralo culpable destes feitos por dar unha patada inicial", di José Ramón Sierra, avogado de Kaio Amaral.

Con todo, dúas das defensas cualifican a sentencia como valente. A de Míguez di estar satisfeito porque se fixo xustiza.

A asociación ALAS Coruña, que exerceu a acusación popular, insiste en que na sentenza queda clara a motivación homófoba.

"Que te asasinen ao berro de 'maricón de merda' é homofobia e a xustiza segue a recoñecer que si houbo homofobia", comenta Ana García Fernández, presidenta da asociación ALAS Coruña.

Pola súa banda, a Fiscalía está a estudar o fallo do alto tribunal galego para decidir se o recorre ou non.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade