Publicador de contidos

Publicador de contidos

Footing polas alturas na Coruña: un corredor usa como pista a balaustrada do paseo marítimo

Footing polas alturas na Coruña: un corredor usa como pista a balaustrada do paseo marítimo

Foi gravado percorrendo varios tramos do Orzán a toda velocidade

"É un risco absurdo, hai un carril para corredores no paseo", di un paseante

 

G24.gal 07/07/2025 14:30

Correndo pola corda frouxa, sen rede nin arnés. Non falamos dun circo nin dun acróbata, senón dun corredor desafiando a vertixe sobre a balaustrada do paseo marítimo da Coruña.

"Si que o vin, impactoume, podía caer de gran altura"

"Igual necesita máis aire do que precisamos os que imos por baixo"

"Eu teño visto un home que sempre vai correndo por riba da varanda, pero sempre entre a Domus e fonte dos surfistas"

Nin o asombro dos transeúntes nin a altura dunha posible caída semella afectar ao deportista, que non baixa ritmo nin pulsacións en ningún momento da carreira.

"Onde estaba, no Orzán, hai moita altura, como caia para abaixo... é un risco grande"

Algúns paseantes habituais comentan que o viron máis veces usando varanda como carril de aceleración. A explicación escápalles, xa que un mal paso podería custarlle a vida.

"Non entendo por que elixes ir pola cornisa tendo un carril para correr, terá os seus motivos pero eu non o entendo"

"Ás veces hai moita xente no paseo, igual era para esquivala, pero hai unha zona para correr, entón..."

Sinalan que se trata dun caso illado e agardan que ninguén tome exemplo dunha práctica que cualifican como incívica, arriscada e innecesaria, dada a existencia dun carril especial para corredores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade