Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pelexa, outra fin de semana máis, no barrio lugués da Milagrosa

Pelexa, outra fin de semana máis, no barrio lugués da Milagrosa

A Plataforma SOS Lugo Norte pide a instalación de cámaras nos lugares conflitivos e que se sancionen os comportamentos incívicos

Captura de pantalla do último episodio violento no barrio da Milagrosa
G24.gal 07/07/2025 14:37

En Lugo unha pelexa na vía pública volve alarmar os veciños da Milagrosa, que padecen continuos episodios de violencia entre os clientes de varios locais de hostalería.

Veciños da rúa Luis Seoane captaron imaxes da pelexa nos seus teléfonos e as publicron nas redes sociais. Amosan coma dous mozos agriden a outro, entre berros, atacándoo polas costas. Foi este domingo contra a unha da tarde.

Un novo episodio de violencia na contorna dalgúns negocios hostaleiros que acumulan denuncias por irregularidades e pelexas nas que a policía requisou drogas e armas.

"Continuamente, todos os días. A policía non pode facer nada. Cerralos e non volver a abrilos.", contan veciños da zona

O colectivo SOS Milagrosa denuncia problemas para a convivencia por liortas coma esta a plena luz do día.

"Unha pelexa que houbo á unha do mediodia de onte. Queixábanse os veciños de que non poden saír cos cativos a xogar un domingo pola mañá pola inseguridade que existe na zona." di o voceiro da asociación, Fernando Toubes.

Piden cámaras de seguridade e que o Concello sancione os comportamentos incívicos. 

"Unha ordenanza cívica, acompañada con sancións. Aí é onde o pleno municipal ten que traballar.", di Toubes

A voceira do grupo municipal do PP, Elena Candia, pide seguridade e a acción municipal para garantir a convivencia ten que ser un reto e unha das dez prioridades de calquera goberno.

A voceira do goberno muncipal, Ana González Abelleira replica que dende o mes de febreiro lévanse feito máis de once inspeccións, con vintesete expedientes de denuncia abertos, e que para actuar contra estes locais con garantías xuridicas hai que armar un expediente contundente, que leva seu tempo.

Veciños e negocios da Milagrosa lamentan a mala imaxe que os episodios violentos proxectan deste barrio lucense.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade