Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Camiño Primitivo dobra o número de usuarios

O Camiño Primitivo dobra o número de usuarios

Declarado Patrimonio da Humanidade, é unha das rutas que máis medra, aínda que está considerada das máis duras

No 2024 escolleron esta ruta para chegar a Santiago preto de 24.500 persoas

G24.gal 07/07/2025 14:27

Facer o Camiño é unha experiencia única e, se por riba un escolle unha das rutas máis duras, convértese en todo un reto. Falamos do Camiño Primitivo, en plena montaña luguesa.

"A min xa me falaran do Camiño Primitivo, da súa dureza física e psicolóxica, pero é moi gratificante",l di un peregrino; outro engade: "Hai moita costa, cara arriba e cara abaixo".

O que máis atrae desta ruta é a pasaixe: un día un está camiñando entre montañas e outro imitando os romanos pola muralla de Lugo. 

"Pasas por unha aldea con dez habitantes e logo chegas a unha cidade como Lugo, coa súa catedral, a súa muralla... Son os alicientes do Camiño", di un peregrino.

É un Camiño cheo de contrastes que nos últimos dez anos dobrou o número de usuarios.

"A paisaxe, a xente, a gastronomía, gústame todo", di unha muller; outra asegura: "Escollino porque é moi rural". E un mozo di que o que máis lle gusta é a natureza e o clima.

Mari Carmen é unha veterana do Camiño Primitivo. Comezou atendendo os peregrinos no seu bar ata que logo abriron o albergue.

"Antes viñan 4 ou 5 peregrinos, ao principio durmían nos soportais da igrexa, son xente moi boa", asegura Mari Carmen López, dona dun dos albergues da ruta primitiva.

Patrimonio da Humanidade desde o 2015, é unha das rutas que máis medra. No 2024 escollérona preto de 24.500 persoas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade