O maior estudo de xénetica en Galicia revela que as nosas raíces son un 15 % africanas
O equipo dos catedráticos Antonio Salas e Federico Martinón demostran que parte deses xenomas africanos e de oriente medio datan da época da romanización
No ADN dos galegos acaba de revelarse unha sorpresa histórica: arredor do 15% do noso xenoma ten raíces no norte de África e Oriente Medio. Acaban de demostralo os catedráticos Antonio Salas e Federico Martinón. E, por se fose pouco asombro, resulta que esas raíces son anteriores ao século V, xa moito antes da expasión islámica na Península Ibérica.
"Antes do dominio musulmán. E esa parte é moi importante, porque ata o momento todo o que era norteafricano se atribúe ao dominio musulmán, cando nós observamos que esa compoñente é seguramente anterior", detallou Antonio Salas, Investigador do IDIS e profesor da USC
Ao compartir estes datos con arqueólogos e historiadores, os investigadores viron que existiron oportunidades para esa mestura durante o dominio visigodo e aínda antes: na romanización. Así que eses xenomas africanos estarían con nós desde a época castrexa.
"No campamento de Sobrado dos Monxes, por exemplo, a cohorte romana que se estableceu é a Prima Celtiberorum, que veu do que se chamaba a Mauritana Tingitana, que era unha provincia romama", dixo Antonio Salas, investigador do IDIS e profesor da USC

Despois de milenos de mesturas, é curioso que nagúns deses xenomas se ve o que os xenetistas denominan un nesgo masculino. "Unha compoñente xenética que ten unha herdanda por liña paterna", explica Salas.
O estudo forma parte da elaboración dunha especie de atlas que analiza o contexto espacial e poboacional das enfermidades xenéticas.