Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Local de Moaña retira unha decena de cabalos da estrada

A Policía Local de Moaña retira unha decena de cabalos da estrada

Os cabalos estaban nunha rotonda preto dun dos accesos da autovía do Morrazo ao concello de Moaña

Non é a primeira vez que estes animais invaden as estradas do municipio

G24.gal 07/07/2025 14:36 Última actualización 07/07/2025 14:50

Non foi doado dirixir os cabalos desde a estrada ata unha pista forestal. Á chegada dos axentes, os cabalos estaban nunha rotonda moi preto dun dos accesos de saída da autovía do Morrazo ao concello de Moaña. 

Algúns dos cabalos camiñaban cara a un dos carrís de saída e outros polo medio da estrada. Nesta ocasión a Policía Local empregou o seu vehículo coas sirenas para conducilos na dirección adecuada.

A problemática dos cabalos que baixan do monte ás estradas non é nova no concello. Segundo os voluntarios de Protección Civil, esta situación é cada vez máis frecuente.

O gando é criado por veciños da zona que nalgúns casos manteñen cos seus correspondentes chips e certo control, pero noutros casos os cabalos carecen de identificadores, o que impide localizar os seus donos e facerse responsables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade