O Deportivo confirma a fichaxe do central Arnau Comas
O catalán chega dende o Basilea a onde chegou en 2022 e despois de estar cedido neste final de tempada no Eibar
Formouse na canteira do Barcelona e chegou a xogar competición europea co Basilea

O Deportivo anunciou a incorporación do central de 25 anos, Arnau Comas, quen asina co equipo coruñés ata 2028. O defensor catalán chega procedente do Basilea co que desputou 43 partidos e despois de desputar a última metade da tempada a préstamo no Eibar xogando 8 partidos no conxunto vasco. Co equipo suizo chegou a desputar a Confereance League na tempada 2022-2023.
Arnau Comas é un central que se formou nas categorías inferiores do Barcelona chegando ata o segundo equipo do conxunto catalán, pero sen debutar co primeiro. En novembro de 2022 debutou nas categorías inferiores da selección sub-21 coa que desputou un partido amigable contra Xapón.
Durante a súa estancia en Suiza o novo xogador do Deportivo coronouse como campeón da liga e copa neste último ano. A isto hai que sumar a conquista da UEFA Youth League co xuvenil do Barcelona.