Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Básquet Coruña anuncia a baixa de Trey Thompkins

O Básquet Coruña anuncia a baixa de Trey Thompkins

Trey foi o MVP da tempada da estrea do Leyma na ACB

Foto Leyma Coruña Foto Leyma Coruña
G24.gal 08/07/2025 15:52 Última actualización 08/07/2025 15:58

O Leyma Básquet Coruña informou este martes de que o pivote estadounidense Trey Thompkins non formará parte do cadro de xogadores do curso 2025-26.

“Un referente dentro e fóra da cancha para todos. Botaremos moito de menos a túa calidade humana e baloncestística”, apunta a entidade laranxa no comunicado

Trey foi o MVP da tempada da estrea do Leyma na ACB. A pesar de perder varios partidos polos seus problemas de xeonllo, Trey Thompkins foi unha peza clave no sistema de xogo do técnico Diego Epifanio.

O americano pechou a súa etapa na Coruña cunhas medias de 12,2 puntos, 3,8 rebotes e 1 asistencia para unha avaliación media 11,8 créditos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar