Publicador de contidos

Publicador de contidos

Efectos especiais, animación e videoxogos protagonizan a 23 edición de 'Mundos Digitales'

Efectos especiais, animación e videoxogos protagonizan a 23 edición de 'Mundos Digitales'

Os asistentes comparten as técnicas máis innovadoras de produción visual 

G24.gal 04/07/2025 14:53 Última actualización 04/07/2025 15:07

Tras a maxia e a acción de moitas escenas do cine ou das series de ficción hai un enorme traballo de produción virtual que ás veces pasa desapercibido. Nese sector, o da produción visual para efectos, animación ou videoxogos, unha das feiras de máis renome de Europa é a que se celebra desde hai 25 anos na Coruña.

No cartel internacional da edición deste ano de Mundos Digitales, están os artífices dos efectos visuais das series do momento. Falan aquí de como se fixeron as escenas de Adolescencia, de Los que van a morir, a de gladiadores que protagoniza Anthnoy Hopkins, ou da distopía arxentina El eternauta.

"O obxectivo das conferencias é amosar o que hai dentro das grandes producións deste ano, e nós o que queremos é que os poñentes sexan transparentes e conten como foi ese proceso", Alba Meijide, coordinadora de Contidos de IA en Mundos Digitales.

Os asistentes veñen aquí co espírito de aprender a compartir as técnicas máis innovadoras de produción visual e os principais estudos internacionais, a buscar talento. A Feira de Emprego está considerada a segunda máis importante de Europa neste sector dos efectos, os videoxogos e a animación.

Todo, nesta edición de Mundos Digitales, que naceu hai 25 anos da man dun profesor universitario da Coruña e que hoxe dá conta da fortaleza das empresas galegas do sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade