Contido con Xeográficas .
Galicia

O Celta iniciará a Liga en Balaídos contra o Xetafe e pechará a competición contra o Sevilla
01/07/2025 23:20
O Dépor comezará a competición visitando o Granada CF e finalizará contra As Palmas en Riazor
O Deportivo Abanca inicia a Liga F contra o Levante e remata en Tenerife contra o Costa Adeje

Un tiroteo entre clans rivais deixa un morto e varios feridos graves en Ribeira
01/07/2025 21:46
Catro persoas implicadas foron arrestadas na peaxe da autoestrada tras unha persecución e algunhas fontes falan de polo menos dous detidos máis
Ata a zona desprazáronse os antidisturbios, o helicóptero do 061 e varias ambulancias

Estabilizado un incendio forestal que chegou a ter ata cinco focos en Monforte de Lemos
01/07/2025 21:30
Na parroquia de Moreda o lume afectou a seis hectáreas de superficie, mentres que en Seoane as hectáreas afectadas foron 16

O chef compostelán Alejandro Ferreiro, elixido Mellor Cociñeiro de Tapas 2025 en Galicia
01/07/2025 21:23
Sete cociñeiros das sete cidades optaron ao galardón

Susto en Vigo ao caer a carga dun guindastre de obra nunha beirarrúa
01/07/2025 21:06
Malia ser unha zona transitada, non houbo feridos
Os bombeiros traballaron para asegurar a zona

Falece unha muller nunha praia de Porto do Son
01/07/2025 20:51
Un particular avisou de que a muller se atopaba boca abaixo na auga da praia de Aguieira

As vacas producen ata catro litros menos de leite cando a calor e a humidade son altas
01/07/2025 20:14
Afecta tamén á graxa, á proteína e ao sistema inmunitario
Hai anos que os gandeiros teñen instalados sistemas de ventilación que favorecen o benestar dos animais

O PPdeG volvería gañar en Galicia cun 27,5 % dos votos, segundo o CIS
01/07/2025 20:08
O BNG situaríase como segunda forza cun 25,3 % e o PSdeG quedaría terceiro co 21,1 %
En Vigo, máis do 60 % aposta por Abel Caballero como alcalde e o PSOE mantería a maioría absoluta

A xustiza arquiva a causa dos audios contra Jácome por seren probas ilícitas
01/07/2025 19:38
O xuíz considera que as gravacións vulneran dereitos fundamentais e non poden utilizarse no proceso
O TSXG mantén o cesamento do interventor de Ourense pero eleva a indemnización a 75.000 euros por acoso laboral

O sector está satisfeito co inicio da campaña do polbo: hai cantidade e bo prezo
01/07/2025 19:04
Recuperan a actividade en Galicia despois de tres meses de veda
Algúns barcos conseguiron o tope de capturas en moi poucas horas e fan un balance moi positivo

As familias galegas xa poden gardar as súas facturas para desgravarse libros de texto
01/07/2025 18:10
A renda per cápita da unidade familiar debe estar entre 10.000 e 30.000 euros e aplicarase na próxima declaración da renda
Os contribuíntes poderán desgravar o 15% cun máximo de 105 euros por fillo

O Breogán sobe un 5 % o prezo do seu abono "para seguir sendo competitivo"
01/07/2025 17:23
O club lucense presenta a campaña 2025-26 baixo o lema “co celeste no peito”

Iker Losada despídese do Celta: "Non é un adeus, é un ata pronto"
01/07/2025 17:07
O canteirán do Celta finalizou a cesión e volve á disciplina do Betis

Investigados cinco veciños de Ponteareas e Mondariz polo roubo continuado de cable de cobre
01/07/2025 16:52
O seu modus operandi era roubar e queimar o recubrimento de plástico do cable para desprendelo e así vender ese cobre a diferentes empresas da zona

Desartellan un grupo violento dedicado a asaltos en vivendas no sur de Pontevedra
01/07/2025 15:52
Detidas catro persoas, dúas delas xa en prisión, por roubos con armas de fogo e agresións a moradores
Na operación interviñéronse armas, drogas, documentación falsificada e chalecos falsos da Garda Civil

Vigo será sede do novo Centro de Excelencia Aeroespacial e de Defensa de Indra
01/07/2025 15:37
Creará máis de 200 empregos directos
Instalarase no edificio 2 do Centro de Negocios da Zona Franca e estará operativo en 2026

O Camiño Marítimo a Santiago reivindica este ano os pasos do mariño italiano Pietro Querini
01/07/2025 15:09
Na ría de Muros e Noia reivindican este camiño cunha gran regata máis de 52 veleiros
A ruta de seis días polas rías galegas segue a estela dun célebre mariñeiro italiano, Pietro Querini

Poxa de gando en Mabegondo: unha oportunidade para os gandeiros de rubia galega
01/07/2025 14:58
O Centro de Investigacións Agrarias sacou á poxa 58 exemplares, 40 deles xovencas preñadas
Son excedentes do seu rabaño, seleccionado durante anos pola súa aptitude maternal

Deteñen os catro atracadores que intentaron asaltar un banco en Santiago
01/07/2025 14:35
Entre os arrestados, está o Pulpo, un delincuente perigoso que matou catro persoas nun hostal de Vilaboa hai case trinta anos
Localizáronos aos catro xuntos cando volvían do intento de atraco, xusto antes de que aparcaran en Ribadumia

O Xabarín Club causa unha revolución nos pés dos nostálxicos
01/07/2025 14:06
Os calcetíns con diferentes deseños do Xabarín están a ser un éxito e xa están esgotados en moitas tendas
Da televisión á moda retro, o Xabarín segue facendo historia agora tamén nos pés

Os veciños denuncian a falta de roza nun treito de dous quilómetros entre Carral e Ordes
01/07/2025 13:54
Consideran que nesa zona da N-550 é onde máis falta fai a limpeza de maleza, porque xa se produciron varios accidentes

O gromo de salmonelose de Oza-Cesuras afecta xa a 162 persoas
01/07/2025 13:26
Polo momento hai 162 afectados, 22 ingresados e ningún grave
Sanidade investiga para coñecer a orixe do gromo

Rueda e o alcalde de Lugo acordan crear unha praia fluvial e un albergue de animais
01/07/2025 13:15
No primeiro encontro institucional entre o presidente e Miguel Fernández repasaron os proxectos para a cidade nos que colaboran Xunta e Concello

Investigan a malleira que recibiu un septuaxenario en Lugo por parte dun grupo de mozos
01/07/2025 13:01
O home asegura que o golpearon para roubalo
Os mozos expuxeron outra versión ante varias testemuñas
A investigación policial esclarecerá os feitos e as motivacións

Interceptados dous condutores a 179 km/h en zonas limitadas a 90 e 80 na Mariña de Lugo
01/07/2025 12:20
As dilixencias policiais quedaron en mans do Xulgado de Instrución de Garda de Viveiro no primeiro caso
As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda número 1 de Vilalba no caso do segundo condutor

Detida a propietaria dun dos 'after' da Milagrosa por tentar agredir dous policías
01/07/2025 11:42
É un dos locais deste barrio de Lugo que xera moitas protestas entre os veciños pola cantidade de incidentes e pelexas que se producen neles

Zara inaugura na Coruña unha impactante instalación cinética da artista británica Es Devlin
01/07/2025 10:40
A obra pode contemplarse desde o Observatorio da Cúpula Atlántica, situada no Monte de San Pedro
A instalación forma parte da programación que a firma téxtil ten organizada co gallo do seu 50 aniversario

Detido un home por roubar polbo e conservas en supermercados en Oleiros
01/07/2025 09:35
O valor total do subtraído supera os mil euros

Falece un traballador ao caer dun camión de recollida de lixo en Ourol
01/07/2025 09:34
Os sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do operario, que quedara inconsciente ao caer do camión de recollida de lixo
A vítima tiña 48 anos e era o seu primeiro día de traballo
.png)
A vaga de calor deixa temperaturas superiores aos 40 graos en varios puntos de Galicia
30/06/2025 20:49
A temperatura récord rexistrouse no concello ourensán de Leiro cando os seus termómetros chegaron aos 41,8 graos
Para este martes espéranse máximas de máis de 36 graos na zona sur de Ourense, así como na zona noroeste da provincia e no sur de Lugo

Hoteis para cans e para gatos xa empezan a encherse
30/06/2025 20:44
Moitos non poden levar a mascota de vacacións ou de viaxe e déixana nestes centros

Feridos tres axentes da Policía Nacional durante unha intervención por un roubo na Coruña
30/06/2025 20:23
O home levaba dúas armas brancas e atacou os policías cando tentaron reducilo

Unha paciente agride unha médica de urxencias no Hospital de Ourense
30/06/2025 19:39
A médico sufriu "lesións e hematomas" por parte dunha paciente que se negou a respectar a súa quenda e esixiu ser atendida inmediatamente

Investigan seis persoas por presuntos roubos con forza levados a cabo con camións guindastre
30/06/2025 18:09
Trátase de seis homes, todos con antecedentes penais, que teñen entre os 39 e os 48 anos e son veciños das localidades de Lugo, Ponferrada, e A Coruña

Desarticulan un grupo dedicado a estafar anciáns, cun detido e varios investigados
30/06/2025 16:34
Primeiro seleccionaban os domicilios que ían visitar e ofrecíanlles diversos agasallos para gañarse a súa confianza e venderlles os produtos
As pescudas iniciáronse en febreiro ao entrar unha denuncia dunha persoa maior residente en Baiona

Salvan unha persoa que se atragoara coa tapa dun bar en Carnota
30/06/2025 15:35
O home tiña 75 anos e era veciño da parroquia de Lariño
Atragoou cunha tapa de solombo que lle puxeran coa consumición
Trasladárono en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago

A Azucreira amplía a súa capacidade para a próxima edición do Festival PortAmérica
30/06/2025 15:00
Cada unha das tres xornadas, do 3 ao 5 de xullo, agardan 20.000 persoas no recinto de Portas
Melendi, Mikel Izal, Ca7riel&Paco Amoroso ou Los trigres del norte están entre os 30 artistas do cartel
No apartado gastonómico suma este ano máis de 30 chefs con 18 estrelas Michelin

En liberdade o agresor dun operario da limpeza de Ferrol, que está grave
30/06/2025 14:48
O agresor deulle un golpe na mandíbula tan forte que o derrubou, golpeando a cabeza no chan
Foi un ataque ao chou, cando a vítima baixou do camión axudar os compañeiros

Vigo é a cidade máis educada de España, segundo o estudo dunha empresa británica
30/06/2025 14:15
Os seus cidadáns destacan por saudar sempre e por respectar os espazos e as normas de convivencia
A Coruña, Arteixo e Oleiros tamén ocupan as primeiras posicións do estudo

A CIUG ultima as actualizacións das puntuacións e iniciará os chamamentos o día 8 de xullo
30/06/2025 14:06
Piden calma ante a inquedanza dos aspirantes que aínda teñen as notas sen actualizar: estará todo en orde antes de iniciar os chamamentos